Xornada no CIAM sobre instrumentos financeiros para o I+D+i agrario

Publicidade
Xornada no CIAM sobre instrumentos financeiros para o I+D+i agrario
Data inicio: 24/11/2015
Data fin: 24/11/2015
Lugar: Centro de Investigacións Agrarias, La Coruña, España

Con máis de 125 anos de experiencia na investigación agraria, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) é un referente no eido do I+D+i para a procura de solucións ou melloras no eido agrícola, gandeiro e alimentaria en Galicia. Nun mercado cada vez máis competitivo o I+D+i pode proporcionar unha vantaxe adicional para as empresas do sector, e o CIAM, como organismo público de investigación con ampla experiencia de colaboracións, pode axudar para aproveitar estas oportunidades.

Neste contexto, o próximo día 24 de novembro terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) unha xornada titulada “CDTI: Instrumentos financeiros para o I+D+i no ámbito da agricultura. CIAM: Experiencias de colaboración”. Esta xornada está destinada a empresas, cooperativas, asociacións, investigadores, etc. do ámbito agrario, gandeiro e alimentario con inquedanzas no I+D+i.

Nesta xornada intervirá un representante do CDTI que explicará que é o CDTI e os instrumentos financeiros para o I+D+i que no ámbito da agricultura poñen á disposición das empresas e equipos de investigación. Tamén participarán diversas empresas do sector agrogandeiro e alimentario que contarán a súa experiencia de colaboracións co CIAM.

Paralelamente, todas aquelas empresas que así o manifesten poderán manter reunións cos técnicos e investigadores do CIAM e/ou persoal do CDTI para falar sobre propostas ou ideas concretas que lles gustaría desenvolver mediante proxectos I+D+i.

A asistencia é de balde, sendo imprescindible a inscrición previa (enviar boletín de inscrición ao correo electrónico cdti@ciam.gal ou ao fax 881 881 800). Para consultas pódese chamar ao 881 881 871.

Podes consultar neste enlace o programa e o boletín de inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *