Xornada na Pobra de Brollón sobre apoios da UE a zonas de alta montaña

A actividade, organizada polo grupo europarlamentario no que participa Alternativa Galega de Esquerda, analizará as liñas de axudas da Comisión Europea e presentará diversas experiencias que se desenvolven no rural galego

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 06/05/2017
Data fin: 06/05/2017
Lugar: Casa da Cultura Olga Novo, Rúa Samoeiro, A Pobra do Brollón, Lugo

A eurodeputada galega Lidia Senra (Alternativa Galega de Esquerda) organiza este sábado na Pobra de Brollón (Lugo) unha xornada sobre os programas de apoio da Unión Europea (UE) para o desenvolvemento das zonas de alta montaña.

O evento, de asistencia libre e que non precisa de inscripción previa, desenvolverase ao longo de todo o día. A parte da mañá adicarase a analizar as posibilidades de axudas a través do Plan de Desenvolvemento Rural e dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que xestionan o Plan Ledaer, en tanto pola tarde haberá unha mesa de experiencias na que participarán produtores e empresas que traballan en zonas de montaña de Galicia.

Desde a perspectiva de Lidia Senra, “é imprescindible manter as explotacións agrarias da montaña e hai que promover a instalación de novas explotacións, como base dun desenvolvemento sustentable”. Tamén chama a “blindar os servizos públicos nestas áreas” como necesidade prioritaria.

Programa

10.30 h. – Apertura da xornada: Lidia Senra.

10.45 h. – Os programas de desenvolvemento rural a nivel europeo e os grupos de desenvolvemento rural en Galicia: en que consisten e que lle poden aportar ás zonas de alta montaña (Ana Rodríguez, ex xerente de programas de desenvolvemento rural e ex responsable de desenvolvemento rural do Sindicato Labrego).
11.15 h. – Debate. Moderado por Victor Arias (concelleiro de LugoNovo).

12 h. – Descanso.

12.30 h. – Resolución do Parlamento Europeo sobre as áreas de alta montaña (Lidia Senra).
13 h. – Debate

16.30 h. – Mesa de experiencias e proxectos en zonas da alta montaña galega
– Roi Estévez, presidente de Souto Vivo e membro da asociación Vieiros (Quiroga).
– Verónica Núñez e Daniel Arza, responsables de Caurelor.
– Miguel Ángel Figueiredo, responsable de Aceites Figueiredo
– Martín Alemparte, director xerente do GDR Ribeira Sacra – Caurel.
17.30 h. – Debate (Moderado por Óscar Carrete. Concelleiro e voceiro de Caurel Vivo).

18 h. Peche.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información