Xornada de iniciación á agricultura ecolóxica no Courel

Xornada de iniciación á agricultura ecolóxica no Courel
Data inicio: 21/09/2019
Data fin: 21/09/2019
Lugar: Estación Científica do Courel - USC, LU-651, Seoane do Courel, España

A Estación Científica do Courel, ligada á Universidade de Santiago, programou para o sábado 21 de setembro unha xornada sobre agroecoloxía e produción ecolóxica. A actividade, concebida como unha iniciación para todas as persoas interesadas, desenvolverase en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

O programa abordará as seguintes cuestións:
– Agroecoloxía na mitigación e adaptación ó cambio climático.
– Principios básicos e estratexias de agroecoloxía.
– O solo, a xestión da materia orgánica e a nutrición das plantas.
– Rotación, alternativa e asociación de cultivos.
– A protección dos cultivos.
– Prácticas de compostaxe e traballo cultural. Este apartado incluirá a realización de prácticas.

A xornada contará como profesores con Xan Neira, Belén Díaz, Carlos Brea e Elena Díaz.

Para máis información e inscricións, pódese contactar coa Estación a través do correo electrónico [email protected]

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información