Xornada de campo de ensaios en trigos e centeos na Pobra do Brollón

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo organiza unha charla técnica e unha visita de campo na Finca Robles para difundir os resultados da evaluación das distintas variedades de cereais

Publicidade
Xornada de campo de ensaios en trigos e centeos na Pobra do Brollón

Cartel da xornada técnica.

Data inicio: 09/06/2016
Data fin: 09/06/2016
Lugar: Finca Robles, A Veiga (A Pobra do Brollón, Lugo).

A Finca Robles, na Veiga (A Pobra do Brollón), acolle este xoves 9 de xuño unha xornada de campo organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo para dar a coñecer os resultados dos ensaios de cultivo de trigos comerciais e centeos híbridos. A actividade desenvolverase desde as 10 da mañá ata as 13 horas. Os ensaios que realiza Mabegondo desenvólvense no marco do Grupo para la Evaluación de Nuevas Variedades de Cultivos Extensivos en España (Genvce).

A xornada de campo iniciarase ás 10 da mañá cunha charla técnica na que se darán a coñecer os resultados dos ensaios 2015, así coma os resultados medios 2004-2013. A partir das 11.30 horas farase un percorrido polos campos de ensaios nos que se están facendo as probas da campaña 2015-2016.

A asistencia á xornada é libre, se ben é recomendable inscribirse previamente a través deste formulario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *