Xornada da Evega sobre planta certificada en viñedo

Publicidade
Publicidade
Xornada da Evega sobre planta certificada en viñedo
Data inicio: 29/11/2016
Data fin: 29/11/2016
Lugar: Rúa Alfredo Brañas, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

O vindeiro 29 de novembro de 2016 a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) celebrará unhas xornadas técnicas co título “A garantía na plantación do viñedo: o material vexetal certificado” na Salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos.

Neste evento colaboran o CRDO Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal). A xornada é gratuíta e está dirixida a viticultores, profesionais en xeral do sector vitivinícola e persoas interesadas polo sector. A inscrición deberá realizarse antes do 27 de novembro. As solicitudes deberán enviarse cumprimentadas a evega.medio-rural@xunta.es ou por fax ao 988 788 099

Programa:

8:30 a 9:00 Entrega de documentación.

9:00 a 9:45 Presente e futuro da selección clonal do material vexetal da vide. Repercusión na sustentabilidade do viñedo. José Félix Cebriain Sabalza, investigador da Estación de Viticultura e Enoloxía de Navarra (Evena).

9:45 a 10:15 Presentación do proxecto Pathogen. Cristina Sobrino, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e Ana Muñiz Alonso, da Feuga.

10:15 a 11:00 A realidade do mercado da produción do material vexetal. Carlos Lucena Villanueva. Viveros Lucena (Navarra).

11:00 a 11:30 Pausa café.

11:30 a 12:00 A actuación da Consellería do Medio Rural no tocante ao material vexetal de vide. César Iglesias Vázquez, Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural.

12:30 a 13:30 Mesa redonda coa participación dos relatores.

Clausura e degustación de viños galegos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información