Viaxe para coñecer experiencias de sistemas silvopastorais no norte de Portugal

Data inicio: 21/11/2019
Data fin: 22/11/2019
Lugar: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría - USC, Rúa Benigno Ledo, Lugo, Spain

vacas silvopastoralA Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza a Xornada Técnica Os sistemas silvopastorais, que se celebrará o xoves 21 e venres 22 de novembro e que inclúe unha viaxe para coñecer distintas experiencias no norte de Portugal.

O contido teórico, que correrá a cargo dos catedráticos da USC no Campus Terra de Lugo Rosa Mosquera e Antonio Rigueiro, desenvolverase o xoves pola tarde, a partires das catro, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo. Falarán sobre o pastoreo como ferramenta de xestión do territorio na prevención dos incendios forestais, as sinerxías entre o castiñeiro e o gando, as alternativas para o asentamento da poboación rural, e sobre a rede europea AFINET de innovación agroforestal.

O venres haberá unha viaxe de prácticas ao norte de Portugal, onde se coñecerán dúas experiencias levadas a cabo en Bragança, na Quinta de Arufe, con pastoreo en soutos con gando ovino e cabrún, e na localidade de Vila Pouca de Aguilar, con vacas maronesas en pastoreo libre en montes veciñais.

Esta acción está aprobada dentro do plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2019 (2019/020) e conta coa colaboración de distintas entidades (AFINET, USC e Instituto Politécnico de Bragança).

Está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

A actividade é gratuíta pero ten prazas limitadas para a viaxe a Portugal, polo que para asistir é necesario cubrir o seguinte modelo de solicitude e presentalo antes das 14.00 horas do día 20 de novembro na Oficina Agraria Comarcal de Lugo ou ven envialo por mail a [email protected] ou por fax ao número 982294937.

programa xornadas sistema silvopastoril Lugo

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información