Simposio internacional de Cultivos Proteicos en Pontevedra

Publicidade
Data inicio: 05/05/2015
Data fin: 07/05/2015
Lugar: Liceo Casino de Pontevedra, Rúa Manuel Quiroga, Pontevedra, España

Simposio internacional  de Cultivos Proteicos que se celebrará en Pontevedra do 5 ao 7 de maio.

O simposio está organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), pola Asociación Española de Leguminosas (AEL) e pola European Association for Research on Plant Breeding (EUCARPIA). Ao encontro está previsto que acudan máis de 120 expertos científicos en cultivos proteicos procedentes de 30 países que exporán os últimos avances científicos relacionados con este tipo de cultivos entre os que se inclúen a soia, o cacahuete, as xudías ou os chícharos, así como outros menos coñecidos como a quinoa, o amaranto ou os altramuces.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *