Seminario sobre mellora xenética en vacún de leite

Publicidade
Seminario sobre mellora xenética en vacún de leite
Data inicio: 10/05/2016
Data fin: 10/05/2016
Lugar: Centro de Investigacións Agrarias, La Coruña, España

Dentro do Congreso Internacional Anembe de Medicamento Bovino, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) acollerá o día 10 de maio un Seminario sobre Mellora xenética en vacún de leite.

O obxectivo do seminario é a formación continuada dos socios de Anembe nun tema como é a mellora xenética en gando frisón, cun carácter eminentemente práctico, que permita a actualización de coñecementos nunha área en constante evolución, onde o profesional necesita estar ao día dos avances dos últimos anos tras o establecemento das probas xenómicas, elemento que cambiou radicalmente a forma de facer a selección. Esta actualización de coñecementos permitirá ao veterinario asesorar correctamente aos seus clientes en como orientar a mellora xenética nas súas explotacións.

Profesorado:

Ramiro Fouz Dopacio (Africor Lugo)
Manuel López Luaces (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, INGACAL-CIAM,)
Alejandro Fernández Fernández (Xenética Fontao S.A.)

Programa:

10:00 a 10:15. Presentación e proposta de obxectivos

10:15 a 11:00: Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos, bases de referencia.

11:00 a 11:45: Conceptos críticos: Fiabilidade das probas, heredabilidade dos caracteres, consanguinidade dos apareamentos

11:45 a 12:00: Pausa café

12:00 a 12:45: A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para inseminación artificial. Obxectivos de selección

12:45 a 13:45: Interpretación de catálogos. Probas internacionais

13:45 a 14:45: Visita ás instalacións do Centro de Investigación

14:45 a 16:00: Comida

16:00 a 17:00: Probas xenómicas fronte a selección convencional

17:00 a 17:45: Os apareamentos. Programas informáticos de axuda

17:45 a 18:00: Pausa café

18:00 a 18:45: Fontes de información. Conclusións

18:45 a 19:30: Visita ao LIGAL (opcional)

Regreso a Santiago

Máis información nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información