Reunión en Galicia da Sociedade Española para o Estudo dos Pastos

Publicidade
Data inicio: 26/04/2016
Data fin: 29/04/2016
Lugar:

A 55ª Reunión Científica da Sociedade Española para o Estudo dos Pastos celebrarase entre os días 26 e 29 de abril de 2016 en Galicia.

A Reunión terá lugar entre a Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) dependente do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Consellería do Medio Rural) na Coruña.

O lema da Reunión é: “Innovación Sustentable en Pastos: Cara a unha Agricultura de Resposta ao Cambio Climático”.
Os obxectivos son coordinar e centrar os últimos traballos relacionados coas prácticas e innovacións nos pastos que contribúen ao desenvolvemento sustentable dos sistemas agrogandeiros, tendo en conta os novos retos aos que se enfronta a agricultura como son a conservación da biodiversidade e o desenvolvemento de boas prácticas que axuden á mitigación do cambio climático.

O Comité Organizador anima a participar e enviar traballos.

Máis información sobre a incripción neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *