Programa das Xornadas Técnicas da Pataca en Coristanco

Publicidade
Data inicio: 19/09/2017
Data fin: 19/09/2017
Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Coristanco, España

Os próximos días 19 e 29 de setembro o Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa de Coristanco organiza unhas Xornadas Técnicas da Pataca.

As xornadas son gratuítas e para participar hai que realizar a inscrición chamando ao 981 733 051
ou enviando un correo a inscricion@efagalicia.org

Programa das xornadas:

Martes 19 de Setembro: Sanidade e técnicas de cultivo

10.00 h. Prevención sanitaria e pragas de corentena
Víctor Novo Vázquez. Xefe de Servizo Sanidade e Produción Vexetal da Consellería de Medio Rural

10.50 h. Variedades e técnicas de cultivo da pataca
Servando Álvarez Pousa. Director Do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro da Deputación Provincial de Ourense

11.40 h. Café descanso

12.10 h. Visita técnica. Estudio Sanitario da pataca. Explotación agraria de Coristanco

13.30 h. Conclusións e posta en común

Mércores 20 de Setembro: Produción e comercialización

10.30 h. Proceso de produción e comercialización IXP Pataca de Galicia
Juan Carlos García Pose. Xerente de Patacas A Tulla
José Antonio Chao Fernández. Técnico da I.X.P. Pataca de Galicia

13.30 h. Conclusións e remate das xornadas

XORNADA_PATACA_CORISTANCO_17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *