Programa das Xornadas Apícolas do Eume, centradas este ano no propóleo

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 02/11/2017
Data fin: 08/10/2017
Lugar: Goente, Puentes de García Rodríguez, España

Xa está dispoñible o programa das XVIII Xornadas Apícolas do Eume que este ano están centradas no propóleo, un produto cada vez máis valorado e demandado nos mercados.

Estas xornadas celebraranse do 2 ao 7 de outubro na Casa do Mel de Goente, nas Pontes (A Coruña). Están organizadas por Aga Eume e a Casa do Mel de Goente e contan co patrocinio do Concello das Pontes e da Deputación da Coruña.

Este é o programa das XVIII Xornadas Apícolas do Eume:

Día 2 de outubro:
-Obradoirospara escolares.
-Extracción e envasado de mel. Elaboración de velas con cera. Proxección de vídeos apícolas. Visita guiada. Cata de mel con outros produtos da comarca.

Días 4 e 6 de outubro:
-16 h. : X cata de meles. Con diploma de recoñecemento ao mellor mel claro e para o mellor mel escuro.

Día 7 de outubro. Xornada dedicada a propóleos:
-10 h: Presentación da colmea termosolar, tratamento ecolóxico da varroa na cría operculada. Celso Cadahía e Leoa Rehakova .

-11 h: Coñecementos teóricos sobre propóleos (poderá asistir público en xeral). Relatores: Estrela Alfaro Sáiz (Doutora en Bioloxía Universidade de León); Félix Adanero Jorge (Ldo. en Farmacia e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos; realizando tese na Universidade de León sobre propóleos).

-17 h: Aplicación práctica (Obtención, procesado e consumo de propóleos). Asistencia limitada a 20 persoas, previa inscrición. Elaboración de tintura de propóleos, elaboración de mel con propóleos e cosmética apícola: elaboración de xabón de glicerina con propóleos.

-Día 8 de outubro: IX Feira do Queixo e do Mel do Eume, en Goente (As Pontes).

Descarga o programa aquí.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información