Programa das XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro

Publicidade
Programa das XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro
Data inicio: 10/11/2016
Data fin: 11/11/2016
Lugar: Facultade de Veterinaria, Lugo, España

Os vindeiros 10 e 11 de novembro celébranse no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo as XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, unha cita ineludible para os profesionais do sector.

Velaquí o programa das xornadas:

Xoves 10 de novembro

10:00 Entrega da documentación

10:30 Inauguración:
-Darío Campos Conde, Presidente da Deputación Provincial de Lugo
-Lara Méndez López, Alcaldesa de Lugo
-Germán Santamarina Pernas, Decano da Facultade de Veterinaria de Lugo
-Noelia García Santoalla, Presidenta de Seragro SCG

11:00 Leguminosas forraxeiras adaptadas ás condicións agroclimáticas da cornixa cantábrica e destinadas á alimentación de ruminantes. Adela Martínez-Fernández, Área de Nutrición, Pastos e Forraxes do Servizo Rexional de Investigación e Desenvolvemento de Asturias (Serida). Patrocina: SYNGENTA

11:45 Pausa do café, por xentileza de GALENO-INMUFORT

12:15 Manexo e nutrición de xatas desde o nacemento ata o parto. Robert Corbett (Utah, EE. UU.) Veterinario especialista en recría e nutrición. Patrocina: MSD

13:00 Que nos din os datos de podoloxía? Pedro Codesido, Técnico podólogo de Seragro SCG. Patrocina: ZOETIS

13:45 Xantar, por xentileza de XESGA

15:30 Que vemos cunha boa xestión? Puntos fortes e débiles nas explotacións leiteiras galegas. Gonzalo Gómez Grobas, enxeñeiro agrónomo. Área de Xestión Técnico-Económica de Seragro SCG Patrocina: KARIZOO

16:00 Producir leite na Bretaña. Os factores clave do desenvolvemento. Stéphane Saille (Francia) Responsable de Marketing e Innovación BCEL Ouest (Bretagne Conseis Élevage Ouest). Patrocina: INVIVO – PANCOSMA

16:30 O negocio de producir leite, unha visión estratéxica, económica e empresarial. Que somos ou que debemos ser? Antonio Pallarés Mir, profesor do Máster en Xestión de Explotacións Leiteiras e do Máster en Xestión de Clínicas Veterinarias da UAB. Patrocina: BAYER

17:00 Mesa redonda. Xestión técnico-económica das explotacións:
-Gonzalo Gómez Grobas, enxeñeiro agrónomo. Área de Xestión Técnico-Económica de Seragro SCG
-Stéphane Saille, responsable de Marketing e innovación BCEL Ouest (Bretagne Conseis Élevage Ouest)
-Antonio Pallarés Mir, profesor do Máster en Xestión de Explotacións Leiteiras e do Máster en Xestión de Clínicas Veterinarias da UAB

-Modera: Rogelio Grille, veterinario de Seragro SCG

Patrocina: PROGANDO

18:30 Encontro gandeiro. Patrocina: GEA. Presentación do muxido automático Monobox GEA

Venres 11 de novembro

11:00 Programa nacional de erradicación da tuberculose bovina en Galicia. Situación actual e retos inmediatos. Marta Muñoz Mendoza , Xefa da Área de Sanidade Animal – Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Patrocina: CALIER

11:45 Pausa do café

12:15 ¿Como poden a nutrición e o manexo da alimentación evitar que as nosas vacas enfermen na transición? Robert Corbett (Utah, EE. UU.) Veterinario especialista en recría e nutrición. Patrocina: ARM & HAMMER – ADIAL NUTRICIÓN

13:00 Un xeito de medrar. Manuel Candamio, gandeiro. Patrocina: ELANCO

13:30 Uso do cronómetro como ferramenta de traballo na rutina de muxido. Manuel Arias, gandeiro. SAT Seixas (Taboada) e Francisco Sesto Pérez, veterinario de Seragro SCG. Patrocina: FATRO – SERGAVE

14:00 Xantar, por xentileza de GALENO

15:45 Mesa redonda: o sector leiteiro visto polos gandeiros
-Manuel Iglesias (OPL)
-Román Santalla (UPA)
-Roberto López (Agromuralla)
-José Ángel Purriños (Cooperativa Os Irmandiños SCG)
-Modera: Noelia García, presidenta de Seragro SCG

16:00 Clausura. Presentación da estratexia de comunicación para a promoción e o consumo de leite Águeda García-Agulló Bustillo, Directora-Xerente da Inlac

A asistencia é libre e gratuíta.

Descarga aquí o programa completo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información