Programa da Semana Gandeira de Mazaricos 2017

Publicidade
Programa da Semana Gandeira de Mazaricos 2017

Niños participantes en las actividades de la Semana Gandeira 2016

Data inicio: 27/11/2017
Data fin: 03/12/2017
Lugar: Mazaricos, A Picota, España

Xa está listo o programa da Semana Gandeira de Mazaricos 2017, una cita xa ineludible para os amantes da gandería de vacún de leite. As actividades comezarán o día 27 de novembro e prolongaranse ata o 3 de decembro, aínda que as principais actividades (xornadas técnicas, exposición de maquinaria e poxa de gando Frisón) concentraranse no fin de semana do 2 e 3 de decembro, no recinto feiral da Picota.

A organización corre a cargo de Africor Coruña, as asociacións Gandeiros de Mazaricos e Eu Son Mazaricos e o concello mazaricán.

Velaquí un resumo do programada da Semana Gandeira de Mazaricos 2017

Sábado, 2 de decembro: Xornada técnica

-10: 45 “Pautas para mellorar a calidade do leite”. Alejandra de la Barrera Martorell. Responsable Grupo PS Vet DairyQuality S.L.

-11:15 “Claves para unha boa inseminación”. Mónica Barrio e Ismael Fernández Sánchez, veterinarios de Xénese, Equipo de Transferencia Embrionaria

-11:45 Pausa café.

-12:15 “Cinco razóns para elixir ben o teu banco”. Jesús Combarro. Director de BancoAgro (ABANCA), entidade patrocinadora da Semana Gandeira.

-12:30 “Media hora de reflexión sobre se imos no bo camiño”. Ángel Miranda González. Director da división de Servizos Agrogandeiros de CLUN

-13:00 “Manexo e nutrición das becerras do nacemento á cubrición”. Manuel Rondón Fernández. Xefe de produto de vacún leiteiro de Nanta (Grupo Nutreco)

-13:30 “¿Que podo facer fronte ao estrés por calor?”. Albino Iglesias Varela. Veterinario do servizo de Alimentación de Seragro S. Coop. Galega.

-14:00 Clausura: Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural, e Juan José Blanco, alcalde de Mazaricos.

Pola tarde terá lugar no recinto feiral da Picota unha Xinkana infantil, concerto de A Banda de Balbina, así como a entrega de premios dos diferentes concursos.

Domingo, 3 de decembro: poxa de xovencas

Pola mañá poxa de xovencas e pola tarde sorteo de máis de 2.000€ en regalos para todas as persoas asistentes.
Durante toda a fin de semana haberá exposición de maquinaria agrícola, gandeira e de servizos.

Actividades durante toda a Semana Gandeira:

Ademais, durante toda a semana, do 27 de novembro ao 3 de decembro, haberá tamén as seguintes actividades:

Cursos de Cociña na aula adaptada para tal fin do Concello.
Exposición de pezas de Sancosmeiros da Asociación Cultural de Antes.
Exposición fotográfica con imaxes relacionadas co sector de Rebeca Conde.
Visita a explotacións gandeiras.
Actividades cos colexios.

Consulta aquí toda a información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información