Data inicio: 27/04/2018
Data fin: 28/04/2018
Lugar: INGACAL-CIAM, Mabegondo-Abegondo, España
Os vindeiros 27 e 28 de abril terá lugar a IV Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes. Nesta ocasión a reunión centrarase nas “Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia”.
As xornadas terán lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e na Finca Experimental Marco da Curra.
Para a inscrición será necesario reservar o xantar e o prazo estará aberto ata o luns 23 de abril. Pódese realizar a inscrición enviando un correo a sgpf.galicia@gmail.com ou nos seguintes teléfonos: 686 620 154 e 619 032 791
Velaquí o programa: