Programa da Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Data inicio: 09/11/2018
Data fin: 10/11/2018
Lugar: O Cádavo, España

Os vindeiros 9 e 10 de novembro a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes organiza a súa V Reunión de Outono titulada “Retos e Oportunidades da gandería de montaña”. A Reunión terá lugar no Centro sociocultural de O Cádavo, no Concello de Baleira (Lugo).

O obxectivo destas xornadas é achegar a realidade das ganderías de vacún de carne da zona e presentar novidades sobre o percorrido da nova PAC así como revisar as ferramentas de manexo deste tipo de gando.

Así mesmo, a empresa luguesa ION e a SGPF presentarán a convocatoria do PREMIO ION-SGPF e as súas bases. Premiarase o mellor peche gandeiro electrificado conforme ás bases e a gandería seleccionada recibirá un premio de 3.000 €.

O sábado 10 realizaranse visitas a ganderías da zona e rematarase cun xantar no que se recoñecerán os novos socios de honra da SGPF.

A inscrición pódese realizar ata o 6 de novembro en: [email protected] ou chamando aos teléfonos 686620154 e 619032791

Velaquí o programa:

Cartaz-V-RO-SGPF

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información