Primeiro Congreso Ibérico de Millo

Seiscentos técnicos e produtores daranse cita en febreiro en Lisboa nun evento que analizará os retos do cultivo na Península, onde ocupa 600.000 hectáreas

Data inicio: 13/02/2019
Data fin: 14/02/2019
Lugar: Hotel Altis Grand Hotel, Rua Castilho, Lisboa, Portugal

Cartel do evento.

Cartel do evento.

As asociacións de produtores de millo de Portugal (Anpromis) e de España (Agpme) organizan os próximos 13 e 14 de febreiro en Lisboa o primeiro congreso ibérico do millo. O evento parte co obxectivo de abordar os retos estratéxicos do cultivo, que ocupa 600.000 hectáreas na Península.

Entre as cuestións que se tratarán no Congreso, figuran cuestións como a adaptación ó cambio climático, as perspectivas da Política Agraria Común (PAC) post-2020 ou a innovación. Tamén se fará unha análise histórica sobre o papel do millo no desenvolvemento na Península Ibérica e sobre a importancia da agricultura para a cohesión do territorio.

O programa completo xa está perfilado, podendo facerse as inscripcións ata o 25 de xaneiro. Entre os ponentes do Congreso, figuran cargos dos ministerios español e portugués de agricultura e técnicos de centros de investigación lusos e españois, coma o Intia, de Navarra, ou o Ifapa, de Andalucía.

Pode obterse máis información e formalizar as inscripcións a través da web de Anpromis, a asociación portuguesa de produción de sorgo e millo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información