Ovica celebra este sábado a súa asemblea xeral

Publicidade
Ovica celebra este sábado a súa asemblea xeral

Ovellas de Beealia. Autor: Beealia

Data inicio: 12/03/2016
Data fin: 12/03/2016
Lugar: Sober, Lugo, España

A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA) celebra este sábado, 12 de marzo, a súa Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar no Salón de Actos do centro sociocultural de Sober (Lugo), ao carón do concello.

A asemblea comezará ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda convocatoria. A orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria é a seguinte:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.

2. Solicitudes de altas e baixas de socios, propostas de baixas por débedas e situación actual.

3. Resumo das actividades desenvoltas dende a Asociación durante o 2015.

4. Resumo de contas no 2015, e aprobación se procede, así como previsións para o 2016.

5. Renovación da Xunta Directiva: aceptaranse as candidaturas ata o momento do inicio da Asamblea.

6. Rogos e preguntas. Agardando a túa presenza, recibe un cordial saúdo.

Todos os que se desexen participar no xantar deben confirmar a asistencia antes do día 10 de marzo chamando ao tlfno: 687 778 013 (O xantar terá un custe aproximado de 15 €/persoa).

Despois da Asamblea, sobre as 11:30 h celebrarase unha mesa redonda coas dúbidas dos socios/as sobre as novidades da PAC na campaña 2016 e a tramitación das axudas de Desenvolvemento Rural (agroambiente-clima, razas autóctonas e produción ecolóxica). Tamén se resolverá calquera aclaración sobre a programación da campaña da rapa para este 2.016.

Ás 12:00 h. Haberá unha charla impartida por D. Raúl Muñiz (Director Técnico do Consello Regulador de I.G.P. Corderex – Cordero de Extremadura) que amosará a experiencia desta Cooperativa de Produtores para orientar a OVICA na implantación da marca de garantía colectiva para o cordeiro e cabrito galegos aprobada pola Xunta de Galicia no pasado mes de Decembro de 2015.

Ás dúas da tarde celebrarase o xantar no Restaurante Parada 2 na Estrada de Monforte, 1. C.P. 27460 (Sober) situado a carón do Concello.

Despois de comer, os interesados/as poden coñecer a explotación gandeira mixta de Diego, un socio que vive na Pena de Guindivós e que complementa un rabaño de ovino con reprodutoras de porcino en réxime extensivo.

Coordenadas GPS: 42.461961, -7.587436

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información