Mazaricos celebra este fin de semana a súa primeira feira de maquinaria agrícola

Publicidade
Mazaricos celebra este fin de semana a súa primeira feira de maquinaria agrícola
Data inicio: 08/07/2017
Data fin: 09/07/2017
Lugar: a picota, Mazaricos, A Picota, España

Este fin de semana, 8 e 9 de xullo, terá lugar a I Xuntanza de Maquinaria Agrícola de Mazaricos (XUMAGRA).

O evento, organizado polo Concello e a Asociación de Gandeiros de Mazaricos, terá lugar no multiúsos da Picota, un recinto que cubre as necesidades que pode ter unha convocatoria deste tipo.

Está prevista a asistencia de medio centenar de expositores e nela participarán numerosas empresas de servizos da zona.

A maquinaria que poderán ver os visitantes será das marcas máis punteiras no sector, tanto nova como usada. Ademais de agrícola tamén haberá maquinaria forestal e de xardín. Para complementar todo isto os visitantes terán unha exposición de vehículos de ocasión, actividades para nenos e pulpada a prezos populares.

O horario da I Xuntanza de Maquinaria Agrícola de Mazaricos será ininterrompido de 10 da mañá a 10 da noite.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro cre que “Xumagra é un xeito de complementar a Semana Gandeira”. “Ambas actividades van destinadas a promocionar un sector tan fundamental para a riqueza e o emprego na nosa contorna”, destaca.

Pola súa banda o presidente da Asociación de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco, cre que este tipo de convocatorias “dinamizan o tecido asociativo e ofertan posibilidades e novidades ás persoas que se dedican á gandería e á agricultura e a quen se beneficia secundariamente delas. É lóxico que un concello coas características do de Mazaricos bote a andar esta convocatoria”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información