Lugo acolle este sábado unha xornada sobre comercialización e cooperativismo de ovino e caprino

Publicidade
Lugo acolle este sábado unha xornada sobre comercialización e cooperativismo de ovino e caprino
Data inicio: 28/10/2017
Data fin: 28/10/2017
Lugar: Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), Lugo, España

A comercialización é un dos principais obstáculos para o crecemento do sector ovino e caprino en Galicia, debido en parte á imposibilidade de realizar sacrificios na propia explotación para abastecer aos mercados locais, e ás elevadas taxas que cobran os matadoiros.

Conscientes desta problemática, a Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza para este sábado, 28 de outubro, a I Xornada de Comercialización e Cooperativismo de Ovino e Cabrún en Galicia.

Celebrarase na sede do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), no Campus Universitario de Lugo, e asistencia é gratuíta.

Programa:

09:45 – 10:00 h: Inauguración das xornadas D. Antonio Iglesias Becerra. Área de Produción Animal da USC. IBADER.

10:00 – 12:00 h. “Alternativas no sacrificio e transporte de animais: matadoiros móbiles e salas de despece”. D. Julio Gómez Fernández. Dr. Enxeñeiro Agrónomo. Profesor da USC.

12:00 – 13:00 h. “A comercialización regulada por un selo de calidade: Pastores de Galicia. A protección da certificación fronte ao fraude”. D. Carlos A. Rodriguez Rodriguez. Enxeñeiro agrónomo e técnico de OVICA e Pastores de Galicia.

13:00 – 14:00 h. Mesa redonda: “As novas vías de sacrificio animal como base da profesionalización do sector ovino-cabrún en Galicia”.

-D. Jacinto Ramos Echániz (Inspector Veterinario Oficial da Consellería de Sanidade).

-D. Julio Gómez Fernández (Dr. Enxeñeiro Agrónomo e profesor da USC).

-D. Luis Ceide Arias (Presidente de Vélaro, S. Coop. Galega).

-D. Carlos Alberto Rodríguez Rodríguez (Enxeñeiro Agrónomo e Técnico de Ovica e Pastores de Galicia).

14:00 h. Clausura das xornadas. D. Jesús Juan Cantalapiedra. Veterinario dos servizos oficiais da Xunta de Galicia.

14:30 h. Xantar no restaurante Tía Julia: Rúa Afonso X o Sabio, 31. C.P. 27002 (Lugo). (Imprescindible confirmar asistencia e reservar no teléfono 687 778 013). O prezo do menú será de aproximadamente 20 € por persoa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información