procesadora_forest_pioneer

Forest Pioneer presenta este venres en España a nova procesadora híbrida de Logset

Forest Pioneer presentará este venres, 6 de xullo, en España a nova nova e revolucionaria procesadora Logset 12H GTE Hybrid, con motor eléctrico e de combustible e importantes innovacións.

A presentación farase en Galicia, en Rubián, preto de Monforte de Lemos, en horario de 10 a 18 horas.

Desde Forest Pioneer destacan que “se trata dunha procesadora única no mundo, que suma a potencia dun motor térmico de 300 cv e un motor eléctrico de 210 cv”. “Logset é o único fabricante en de maquinaria forestal que está a apostar pola tecnoloxía híbrida”, engaden.

Para máis información e confirmar asistencia é necesario pórse en contacto co comercial de Forest Pioneer na zona, Manuel Mata, no teléfono 637 847 966.