Expertos internacionais en cultivo de millo impartirán unha xornada técnica en Curtis

Publicidade
Expertos internacionais en cultivo de millo impartirán unha xornada técnica en Curtis

Rolda de prensa de presentación da xornada

Data inicio: 16/03/2019
Data fin: 16/03/2019
Lugar: Recinto Feiral de Curtis

O vindeiro sábado 16 de marzo, o Recinto Feiral de Curtis acollerá, como preámbulo á III edición da Poxa de Gando Vacún de Elite do domingo 17, unha Xornada Técnica Monográfica sobre o Cultivo do Millo.

A xornada foi presentada este xoves no Concello de Curtis polo alcalde da localidade, Javier Caínzos; o concelleiro de Medio Rural, Alfonso Gómez; José Luis Míguez, organizador do evento, e os patrocinadores.

As charlas serán impartidas por dous expertos de renome internacional: Francisco Joaquín Morell Soler, director de agronomía de Du-Pont Pioneer; e co recoñecido consultor Albert Porte-Laborde. A xornada é de acceso libre e gratuíto e permitirá aos asistentes coñecer os últimos avances en millo forraxeiro e as claves para lograr unha boa colleita neste cultivo que nas últimas décadas se converteu na principal forraxe das ganderías de vacún de leite.

Programa das III XORNADAS DO RURAL GALEGO DENDE CURTIS: XORNADA MONOGRAFICA SOBRE O MILLO

Lugar e data: Sábado 16 de marzo no salón de actos do Recinto Feiral de Curtis

10,45 Presentacion e benvida: Alcalde de Curtis, Javier Cainzos, e presentardor e moderador, José Luis Míguez

11,00-12,00 Francisco Morell

12,00-12,30 Pausa café no recinto pulpeira

12,30-14,00 Albert Porte-Laborde

14,00 Rolda de Preguntas

14,30 Clausura por parte das autoridades

Hai opción de xantar na nave pulpeira do recinto ferial, a cargo do público asistente.

Currículum dos conferenciantes

Francisco Morell Soler é Biólogo e Enxeñeiro Agrícola, experto en agronomía. Francisco Morell ten unha dilatada experiencia internacional tanto na investigación como na fertilización e aplicación fitosanitaria. Colaborador e investigador asociado co INRA, CSIC e Universidade de Nebraska entre outras, en moi diversos campos, dende a fertilización nitroxenada e dinámica do carbono ata a agricultura de precisión por imaxe satélite.

Na actualidade, Francisco Morell é Director de Agronomía de Du-Pont Pioneer e traballa no desenrolo de ferramentas dixitais e satélites para o asesoramento agronómico.

Albert Porte-Laborde, natural da rexión francesa de Bearn, é un dos técnicos de maior proxección e recoñecemento internacional. Enxeñeiro agrónomo, diplomado en economía e negocios agrícolas, e ligado a Facultade de Pau e a Escola Secundaria Agrícola de Tolouse, foi enxeñeiro de desenrolo do Instituto ARVALIS e da Asociación Xeral de Produtores de Millo de Francia, sendo responsable de estacións de investigación permanente en Montardom e Baziege. En Alxeria foi responsable da identificación de áreas agrícolas e do desenrolo de áreas de formación no Instituto de Tecnoloxía Agrícola de Mostaganem.

É membro consultor e experto xurídico do Tribunal Internacional de Apelación de Pau para temas agrícolas, peritaxes y litixios. No ano 2007 foi nomeado Cabaleiro da Orden ao Mérito Agrícola polo estado francés. Albert é experto en enfermidades do millo, manexo e arbitraxe de disputas técnicas, manexo de terras, aplicación de fitosanitarios, hidráulica agrícola, equipos agrícolas, pedagoxía agrónoma, contaminación, polución agrícola e biotecnoloxías, así como en regulamentos da PAC e nas normas ambientais para os cultivos do millo. Na actualidade é consultor independente tanto en Francia como en España, Portugal, Ucraína, Rusia, Chile ou Arxentina.

CURTIS_19_XORNADA_PRESENTACION_CARTAZ

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información