Cursos en Guísamo sobre rega, enerxías renovables e cultivos de liño e cáñamo

Publicidade
Data inicio: 18/10/2019
Data fin: 21/11/2019
Lugar: Centro de Formación y experimentación agroforestal de Guísamo, Bergondo

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, que xa ten un amplo programa de cursos programados para este outono, vén de anunciar novas accións formativas, que detallamos a continuación. Todos os cursos son en Guísamo (Bergondo, A Coruña), salvo o de motoserra, que se impartirá en Monforte (Lugo).

Curso de aptitude empresarial agraria: módulos 7 e 8 (Cultivos intensivos de horta e flor, sanidade vexetal e mecanización de cultivos). Do 4 ó 8 de novembro e do 11 ó 15 de novembro.

Obradoiro sobre o emprego das enerxías renovables na agricultura. Do 19 ó 21 de novembro (10 horas). Inclúe visita ó módulo bioclimático de Someso.

Obradoiro sobre técnicas de produción nos cultivos do liño e do cáñamo. Do 7 ó 8 de novembro (8 horas).

Curso de instalación e manexo da rega. Automatismos e actualización e optimización de instalacións. Do 29 ó 31 de outubro. (10 horas)

Manexo intensivo da motoserra en operacións de tala, despolado e tronzado. Días 18, 19 e 26 de outubro (26 horas). En Monforte (Lugo).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información