Curso sobre xestión estratéxica de explotacións agrogandeiras

Publicidade
Data inicio: 26/01/2017
Data fin: 10/02/2017
Lugar: Escola Politécnica Superior, Lugo, España

O Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (Usc), xunto ca escola francesa VetAgro Sup, da Universidade de Lyon, organizan o curso de perfeccionamento sobre “Xestión estratéxica de explotacións agrícolas para unha mellora global continua”, que se vai desenvolver na Escola Politécnica Superior de Lugo entre o 26 de xaneiro e o 10 de febreiro.

O curso vai dirixido especialmente a técnicos relacionados coa xestión de explotacións agrogandeiras, así coma estudantes universitarios de títulos de orientación agraria e forestal. O obxectivo é subministrar aos asesores agrícolas as capacidades necesarias para iniciar e acompañar aos agricultores na xestión estratéxica da explotación. A metodoloxía seguida será a da aprendizaxe baseada en proxectos, polo que se desenvolverá en base a obradoiros en aula e en explotacións agrarias.

O curso foi deseñado e será impartido maiormente por Philippe Jeanneaux, profesor de economía rural de VetAgro Sup, co-creador do método PerfEA para a xestión estratéxica de explotacións agrícolas, e cunha importante experiencia na súa aplicación a todo tipo de explotacións dende o ano 2009. Está prevista a participación de 17 alumnos franceses da escola VetAgro Sup e outros tantos da USC que, mesturados, se organizarán en dos grupos para traballar en explotacións separadas.

O prazo de preinscrición está aberto ata este venres 13 de xaneiro Pódese facer a preinscrición e solicitar máis información no enderezo adolfo.lopez@usc.es

Descarga aquí o díptico do curso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información