Curso sobre pastoreo e produción ecolóxica

Publicidade
Data inicio: 15/11/2019
Data fin: 29/11/2019
Lugar: Centro de formación y experimentación agroforestal de Sergude, Xunta de Galiza, Place of Sergude, Quián, Spain

PANTON_PASTOREO_VACAS_1O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, en Boqueixón, acolle durante este mes de novembro o curso de formación Iniciación e perfeccionamento en pastoreo e produción ecolóxica.

Cunha duración de 24 horas (16 delas teóricas e 8 prácticas) será impartido en tres xornadas distintas en horario de mañá e tarde. En concreto, desenvolverase os venres 15, 22 e 29 de novembro de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas.

O curso é gratuito pero conta con prazas limitadas polo que as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse presentando a solicitude ben de xeito presencial no CFEA de Sergude -tendo como data límite o 14 de novembro antes das dúas da tarde- ou ben enviando o formulario de solicitude por email ao enderezo electrónico cfea.sergude@xunta.es ou por fax ao número 881867336.

Esta actividade forma parte do Plan de Formación do Agro Galego 2019 e conta con financiamento europeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información