Curso sobre o método Obsalim: Mellora da eficiencia da ración en vacún de leite

Data inicio: 17/11/2017
Data fin: 18/11/2017
Lugar: Arzúa, España

Os próximos 17 e 18 de novembro celebrarase en Arzúa (A Coruña) o “II Curso sobre o método Obsalim: Mellora da eficiencia da ración en rumiantes”, orientado preferentemente a vacún de leite.

O curso diríxese a gandeiros e gandeiras, e ao resto do sector técnico, asesores de granxas. Será impartido por Yann Pouliquen Kerlau, enxeñeiro agrónomo e formador acreditado Obsalim.

Ao final do curso, o alumnado estará en disposición de poder realizar os seus primeiros pasos co diagnóstico OBSALIM. Poderá valorar a ración dos animais, propoñer accións correctivas e verificar a súa efectividade.

Programa:

Venres 17/11/17

10:30 Recepción e introdución

11:00 Teoría do método OBSALIM ®

13:00 Metodoloxía: visitas, diagnóstico

14:30 Comida

16:00 Caso práctico en granxa

18:00 Calidade dos alimentos (só modalidade A)

20:00 Fin da xornada

Sábado 18/11/17: só modalidade A

09:00 Síntomas utilizados no método.

11:00 Casos prácticos en granxas

14:00 Comida

15:30 Casos prácticos en granxas

18:00 Afinando diagnóstico e recomendacións

20:00 Fin do curso

As prácticas en granxas “días pelos”, só modalidade B, realizaranse en grupos de 5 persoas, en dúas xornadas cunha duración de 4 horas lectivas cada unha. A localización e o horario dependerán dos asistentes (eventualmente: granxas dos participantes); serán definitivamente fixados na primeira xornada. Este formato de prácticas permitirá realizar diagnósticos, implementar medidas correctoras e ver o seu efecto posterior. Dada a zona de realización do curso, a temática e as prácticas centraranse a priori en gando vacún de leite, aínda que se dará tamén formación para cabras e ovellas.

Prazas limitadas. Información e inscrición: 620806414. [email protected]

Máis información en: www.obsalim.com e en www.facebook.com/metodoobsalim/

Descarga aquí o programa e a ficha de inscrición.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información