Data inicio: 17/07/2018
Data fin: 20/07/2018
Lugar: Concello de Muras
A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Muras e a Deputación de Lugo, organiza un curso sobre “Estratexias contra o abandono no medio rural”. Celebrarase do 17 ao 20 de xullo e xa está aberto o prazo de matriculación.
Neste curso abordarase a problemática do abandono rural coa participación de expertos de distintos ámbitos relacionados co sector primario, así como a poboación. Celebrarase nun contexto rural como é o caso do concello de Muras, no norte da Terra Cha lucense, con serios problemas de despoboamento, pero no que tamén se poñen en marcha iniciativas e actividades “atípicas e extraordinarias” para frear e reverter este proceso.
O curso está dirixido por Manuel Francisco Marey Pérez e por Xabier Bruña García e celebrarase no local social do concello de Muras e nas entidades colaboradoras.
Programa do curso sobre “Estratexias contra o abandono no medio rural”:
Día 17
9:00 a 9:30 Inauguración do curso alcalde do Concello de Muras e polos directores do curso
9:30 a 10:30 Marco teórico do abandono. Noemí García Saavedra (Tenzas)
10:30 a 11:30 Contexto europeo do abandono. Eduardo Corbelle Rico – USC
Descanso
12:00 a 13:00 Procesos participativos para a posta en marcha de proxectos. Xabier Bruña García – USC
13:00 a 14:00 Conflitos como freo ou catalizador de proxectos. Gervasio López Rodríguez – USC/Concello de Negueira
16:00 a 17:00 Evolución demográfica e perspectivas de Galicia. Luis Franco Vázquez – USC
17:00 a 18:00 Unha estratexia para a Galicia Rural do Século XXI. Edelmiro López Iglesias – USC
Descanso
18:30 a 19:30 O sector primario como proxecto tractor. Francisco Sineiro García – USC
19:30 a 20:30 incidencia sociolóxica nas iniciativas do sector primario. Ana Cabana Iglesias – USC
Día 18
9:30 a 10:30 O PDR de Galicia 2014-2020. Juan Manuel Martínez Barral – Xunta de Galicia.
10:30 a 11:30 A Deputación e as entidades locais como entidades proactivas. Raúl García Martínez – Diputación de Lugo
Descanso
12:00 a 13:00 Construíndo de abaixo a riba Fernando Soto – GDR2 Terra Cha
13:00 a 14:00 Mirando dende o Xistral. Mario Rouco Rey – Concello de Muras
16:00 a 17:00 A perspectiva do apoderamento Local. Bernardo Varela – Concello de Allaríz
17:00 a 18:00 A perspectiva de cambio. Por definir – concello de Tineo
Descanso
18:30 a 19:30 Como valorizar o medio ambiente. María Loureiro García – USC
19:30 a 20:30 O proxecto LIFE como referencia. Marcos Rubinos – 3edata
Día 19
9:00 – Reunión no concello de Muras para saída dos autobuses
10:00 a 11:30 Visita a Queixería Don Gabino
Descanso
12:30 Visita a Picapán – casa Vituco.
Comida do curso
16:30 Visita a Estruga a espacio agroecolóxico
18:00 Visita a Estruga a Xaraleira
20:00 Retorno o concello de Muras.
Día 20
9:30 a 10:30 A financiación dos proxectos Gabriel Guijarro Arca – Caixa Rural Galega
10:30 a 11:30 A innovación e a comercialización dos produtos rurais. Francisco Ónega López – USC / Axencia Europea de Innovación
Descanso
12:00 a 13:00 Comenzando de cero. Alberto Uría Moreno – O rincón do abelleiro
13:00 a 14:00 Novos produtos nun mercado global. Eva González Pérez – Carabuñas
16:00 a 17:00 Conferencia de clausura. José Marcial López de Pablos – Ferroplast/Tepsa
17:00 a 18:00 Visita a fábrica de Ferroplast/Tepsa.
18:00 Acto de clausura e entrega de diplomas