Curso ‘Emprendendo en verde’ para persoas mozas en Touro

Publicidade
Curso ‘Emprendendo en verde’ para persoas mozas en Touro
Data inicio: 20/09/2019
Data fin: 28/09/2019
Lugar: Casa da Cultura, Touro, A Coruña

O Concello de Touro acollerá os próximos venres 20 e 27 de setembro e os sábados 21 e 28 un curso dirixido a promover o emprendemento das persoas mozas en iniciativas ligadas coa posta en valor do medioambiente. A iniciativa está dirixida a persoas maiores de 14 anos e menores de 30. O lugar de celebración será a Casa da Cultura / Centro de Interpretación do Río Ulla, en Fonte Díaz.

O proxecto formativo, impulsado polo Concello de Touro, será impartido por formadores da Cruz Vermella. A actividade busca mellorar a capacidade dos máis novos para poñer en marcha iniciativas locais de emprego en temáticas relativas co medioambiente e o patrimonio cultural.

Os interesados en participar en ‘Emprendendo en verde’ (Programa para Iniciativas Locais para a Xuventude 2019), poden ter máis información nos seguintes correos electrónicos: correo@concellodetouro.gal e turismo@concellodetouro.gal e nos seguintes teléfonos: 981.504.029 e 981.814.566.

O Concello de Touro explica que “cunha perspectiva eminentemente práctica, as persoas participantes pasarán por un proceso completo de creación de valor para a comunidade a través do fomento do emprendemento”. Lembra que a meta desta acción formativa, dun total de 20 horas, “é a creación de empregos derivados da valoración sostible dos recursos naturais dispoñibles no Concello de Touro”.

A xornada do 20 de setembro estará centrada na ‘Participación e o empoderamento’, onde se poñerán en valor os recursos máis próximos. Tambén haberá una visita ao Camping Fonde de Mane, unha iniciativa rural en Santiso de Cornado, no Concello de Touro. O sábado 21 de setembro está prevista a presentación de novos modelos de negocio que xeren prosperidade e sustentabilidade local e o desenvolvemento dos plans de negocio. Xa o sábado 27 de setembro analizaranse as propostas de valor innovadoras e haberá unha visita a Brandelos e Grixó. O último día de formación, o día 28 de setembro, abordaránse os plans de empresa cunha avalación final.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *