Curso de verán sobre “O rural agroecolóxico e a desruralización” en Monforte de Lemos

Publicidade
Data inicio: 28/06/2017
Data fin: 30/06/2017
Lugar: Pazo de Tor, Monforte de Lemos, España

‘O rural agroecolóxico’ é o título do curso incluído na programación da Universidade de Verán 2017 da Universidade de Santiago de Compostela (Usc) que se desenvolverá do 28 ao 30 de xuño no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos. Estruturado en 21 horas lectivas e aberto á participación de todas as persoas interesadas pola temática, este programa estival de formación e divulgación científica está dirixido polo profesor da USC Xan Neira Seijo e Martiño Neira Cervera, da Sociedade Galega de Agroecoloxía (Soga)

Os obxectivos deste programa incluído na Universidade de Verán 2017 da USC e que conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo pasan por convidar a unha reflexión sobre o abandono da actividade agraria/gandeira que está a acontecer en Galicia nos últimos decenios, unha realidade que está a provocar consecuencias económicas, sociais, ambientais e culturais e que pode englobarse no que se dá en chamar ‘desruralización’.

A presentación en posta en común de novas propostas para a dinamización das áreas rurais con criterios agroecolóxicos é outro dos cometidos deste programa, durante o que se tamén ser revisará o pasado agrogandeiro do Val de Lemos, as prácticas agrarias rexenerativas, a ordenación territorial e o desenvolvemento de espazos agrarios ou, entre outros temas, a construción e saúde do hábitat.

As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste curso de verán da USC, poden facelo a través da web da Universidade de Verán da USC 2017, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste programa, para o que está aberta a matrícula ata o vindeiro 16 de xuño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información