Curso de iniciación á apicultura en Rábade

Publicidade
Data inicio: 08/05/2015
Data fin: 10/05/2015
Lugar: Rábade, Lugo, España.

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación os días 8, 9 e 10 de maio na Casa das Insuas, coa colaboración da Asociación Galega de Custodia do Territorio e Concello de Rábade, dentro do programa de formación apícola que AGA está levando a cabo durante esta primavera por toda Galicia.

A pretensión destes cursos é formar novos abelleiros e abelleiras e tamén refrescar a adaptar os coñecementos dos abelleiros e abelleiras veteranas a unha actividade que está sufrindo un proceso de cambios acelerados.  A apicultura ofrece moitas posibilidades coma unha actividade multifuncional. A comarca de Lugo conta con perto de 250 apicultores, con aproximadamente 4.000 colmeas e unha produción estimada de 80.000 quilos de mel ó ano, que se pode incrementar xa que temos moitos consumidores comarcais ávidos de consumir estes extraordinarios produtos das abellas

O contido do curso inclúe unha parte teórica e unha práctica.  Os participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre as abellas, o seu comportamento, a instalación e manexo das colmeas e a obtención dos variados produtos das abellas: o mel, o pole, o própole e a cera.

No programa está incluída a participación nun día de campo con prácticas en colmeas, que faremos no mes de xullo en Covas, no concello de Taboada en Lugo. Alí visitaremos unha explotación apícola incluída nun proxecto de recuperación do rural que están levando a cabo uns socios de AGA. Esta actividade ten tamén como obxecto ofrecer exemplos de posibles alternativas para a xente que está pensando comezar algún proxecto no rural.

Para socios e socias de AGA o curso é gratuito e para as pesoas non socias terá un custe de 50 €. Para inscribirse poñerse en contacto con AGA nos teléfonos 981 508 142 / 981 589 534 ou por email a aga@queixoemel.org. O programa completo do curso en www.apiculturagalega.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *