Curso de adestramento de cans de pastoreo en Cospeito

A Deputación programou a actividade para os próximos sábado 3 e domingo 4 de setembro

Data inicio: 03/09/2016
Data fin: 04/09/2016
Lugar: Cospeito, Lugo, España

Cospeito acollerá o sábado 3 e o domingo 4 de setembro unha nova edición do curso de adestramento de cans de pastoreo, co que colabora a Deputación de Lugo. Esta actividade, na que xa participaron máis de 400 gandeiros procedentes de toda Galicia nas sete edicións anteriores, ofrecerá formación de marcado carácter práctico sobre as técnicas claves no adestramento para labores de pastoreo de rabaños. A formación oriéntase ó traballo con cans da raza Border Collie.

Como en anteriores ocasións, o curso será impartido polo experto navarro Alejandro Ibarra Artús. As prazas dispoñibles son 20. O prezo é de 50 euros. Os interesados poden formalizar a súa reserva no teléfono 660-541.534 ou no correo [email protected]

As actividades do Curso de adestramento de cans de pastoreo desenvolveranse en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:00 horas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información