Ciclo de xornadas técnicas de vacún de leite e de carne de Campoastur

Ciclo de xornadas técnicas de vacún de leite e de carne de Campoastur

Jornada de Campoastur en Lugo

Data inicio: 01/03/2017
Data fin: 31/03/2017
Lugar:
Warning: Illegal string offset 'address' in /home/campogal/public_html/wp-content/themes/newsplus-child/single.php on line 355

A cooperativa Campoastur organiza ao longo do mes de marzo un ciclo de xornadas técnicos de vacún de leite e de carne.

O programa previsto para esta primavera comezará cunha xornada de vacún de leite en Tineo, o mércores 1 de marzo, que se repetirá o día 10 en Otur-Valdés. Para finais de marzo está prevista unha xornada sobre vacún de carne e de leite en Posada de Llanes, e a comezos de maio celebrarase unha xornada de vacún de carne en Cangas del Narcea.

Programa das xornadas de vacún de leite en Tineo e en Otur:

A cita máis inmediata é a xornada técnica de vacún de leite que se celebrará en Tineo este mércores, 1 de marzo. Será no hotel restaurante Palacio de Meras a partir das 12:00 horas.

O programa é o seguinte:

– “Innovando en pastoreo, isto tan simple e sen embargo tan complexo”. Yann Georges Pouliquen Kerlau, técnico Xestión Agrogandeira e Natureza.

-”Mellorando as taxas de preñez en explotacións de vacún leiteiro”. Antonio Jimenez, técnico en vacún de leite Laboratorios CEVA

En canto á xornada do día 10, celebrarase en Otur na sede da cooperativa a partir das 11:30 h

O programa é o seguinte:

– “Período de transición: Puntos críticos”. Carlos Martín, manager Vacún de Leite – Nutral.

– “As coxeiras en bovinos: prevención, control e tratamento”. Marc Pineda Balsells, DVM/Veterinario e especialista en saúde podal

– “Programa Recría CORE Campoastur”. Rubén López e Sandra Fernández, técnicos especialistas de vacún de Campoastur

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información