Ciclo de xornadas sobre usos cooperativos do monte veciñal

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza este sábado 27 no Valadouro (Lugo) a primeira de seis sesións dirixidas a promover a creación de emprego e riqueza a través das comunidades de montes

Publicidade
Data inicio: 27/02/2016
Data fin: 27/02/2016
Lugar: O Valadouro, Lugo, España

O Valadouro acolle este sábado 27 de febreiro unha xornada organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) dirixida a promover a posta en valor dos montes veciñais a través dunha xestión cooperativa.

A actividade contará cunha primeira parte orientada a cuestións administrativas e de identificación de oportunidades, en tanto na segunda parte amosaranse exemplos de éxito no monte veciñal, caso da comunidade de montes do Carballo (Friol, Lugo), na que se está a facer cría de porco celta, produción de mel e recollida de setas, entre outras actividades.

Participará tamén a cooperativa Amarelante, adicada á produción de castaña en Manzaneda; e Eloi Villada, da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que falará sobre a xestión do gando e do pastoreo no monte.

As xornadas do Valadouro (Lugo), que se desenvolverán na Casa da Cultura, terán réplica noutros concellos de Pontevedra e Ourense. En total, Agaca prevé a celebración doutras cinco xornadas similares.

Máis información
Programa completo da xornada do Valadouro sobre creación de riqueza e emprego no monte comunal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información