Charla informativa sobre enerxías renovables e aforro enerxético en ganderías

A Casa de Cultura de Meira (Lugo) acollerá a xornada este xoves a partir das 15 horas

Publicidade
Data inicio: 28/02/2019
Data fin: 28/02/2019
Lugar: Rúa Federico González s/n, Meira, Lugo

Este xoves 28 de febreiro, a Casa de Cultura de Meira acollerá de 15 a 17.30 horas unha charla sobre as oportunidades para as ganderías na xeración de enerxía con fontes renovables e no aforro enerxético.

O acto está organizado por Beealia, entidade de asesoramento e xestión, e por Bilega, empresa especializada na xestión enerxética. Na xornada analizaranse as axudas do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para instalacións de enerxías renovables. Tamén se revisarán os casos que presenten os produtores asistentes, para o que será preciso que aporten as facturas eléctricas dos últimos 12 meses, a fin de analizar o consumo e tarificación eléctrica de cada gandería.

A entrada é libre, pero para acomodar a todos os participantes compre inscribirse no 619 032 791 ou en contacto (arroba) beealia.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *