Betanzos acollerá en decembro o I Foro Labrego de Agroecoloxía

Publicidade
Publicidade
Betanzos acollerá en decembro o I Foro Labrego de Agroecoloxía
Data inicio: 04/12/2016
Data fin: 04/12/2016
Lugar: Betanzos, La Coruña, España

A Asociación Herbamoura, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación da Coruña, organiza para o vindeiro domingo, 4 de decembro, o I Foro Labrego de Agroecoloxía, que se celebrará en Betanzos.

Alí, a través do diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, “tentarase contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que tenta que a agricultura galega tome vieiros en consonancia con conceptos como a soberanía alimentaria, o respecto ao medio ambiente, a aposta polas producións locais, a relación directa entre a xente labrega e a consumidora ou o facer da alimentación unha fonte de saúde”, segundo apuntan dende a organización.

Programa do I Foro Labrego de Agroecoloxía:

Lugar: Antigo Matadoiro de Betanzos (zona Ribeira)

10:00: Presentación da xornada.

10:20: Ponencias: “A Potencialidade da Agroecoloxía da Galiza”

-Isabel Vilalba Seivane (Sindicato Labrego Galego)
-Xavier Simón (Do Grupo de Investigación de Agroecoloxía da Universidade de Vigo).
-Xoán Doldán ( do Grupo de Investigación de Bioeconomía da Universidade de Santiago de Compostela)

11:10 Rolda de preguntas

11:30 Darlle a volta. Visibilización de proxectos agroecolóxicos que ou ben mudaron os modos de produción ou son proxectos que naceron da nada, vindo as persoas que os integran doutros sectores:

-Granxas de Lousada. Granxa multifuncional (Irixoa)
-Viticultoras da Terra. Recuperación viñedos.
-Carabuñas. Conservas e licores con bagas de sabugueiro.

12:00 Rolda de preguntas desta mesa

12:30 Descanso

12:50 Experiencias agroecolóxicas de transformación.
Visibilización de experiencias que fan transformación ou envasados nas propias fincas ou granxas para a venda directa:

-Amayuelas (Palencia). Aldea agroecolóxica e pequeno matadoiro.
-Cooperativa Ribeira do Navia. Transformación e venda directa de derivados de froitas e froitos do monte. (Negueira de Muñiz)
-Amarelante SCG. Comercialización e transformación de castaña.(Manzaneda)

13:50 Rolda de preguntas desta mesa

14:15 Xantar de produtos agroecolóxicos. Leira Longa (comida ecolóxica e local de Carral)

16:00 Organizacións sociais e consumo

Visibilización de organizacións de consumidoras/es, de labregas e labregos que loitan pola Agroecoloxía e a Soberanía Alimentaria:

-Urgenci internacional (Organización que traballa coas CSA – Community Supported Agriculture)

-SPG A Gavela. Sistema Participativo de Garantía na provincia de Pontevedra.

-Mercado da Terra de Lugo. Mercado agroecolóxico autoxestionado.

-Grupo de consumo Zocamiñoca. Cooperativa de consumo (A Coruña)

17:30 Rolda de preguntas e descanso

18:00 Grupos de traballo

Contaremos con Rexenerando SCG para axudar coa dinamización e a consecución dos obxectivos da xornada.

Relatorio final e conclusións – peche da xornada

Descarga aquí a ficha de inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *