BASF presentará en Galicia o primeiro funxicida para enfermidades da madeira en viñedo

Publicidade
Publicidade
BASF presentará en Galicia o primeiro funxicida para enfermidades da madeira en viñedo
Data inicio: 23/01/2018
Data fin: 23/01/2018
Lugar: Bodegas Martín Códax, Pontevedra, España

A multinacional BASF presentará o vindeiro 23 de xaneiro en Galicia o primeiro funxicida para o tratamento das enfermidades da madeira en viñedo. Estas doenzas (esca, brazo negro, eutipiose…etc) son un dos principais problemas sanitarios da viticultura neste momento, trala prohibición no ano 2003 do uso do arsenito sódico por parte da Comisión Europea.

Neste sentido, o produto que vai presentar BASF, denominado Tessior, preséntase como “o primeiro produto funxicida efectivo e de uso fácil contra as enfermidades da madeira”.

A xornada de demostración celebrarase na adega Martin Códax, en Burgáns (Cambados). A xornada comezará ás 9:30 horas cun café e continuará ás 10:15 coa presentación do funxicida Tessior e do sistema para aplicalo, Tessior System. A continuación farase unha demostración práctica da aplicación en campo.

Para poder participar nesta xornada é preciso confirmar asistencia no correo electrónico jose-ramon.gallego-boquete@basf.com ou chamando ao 607 517 160

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información