Agrobiotech Innovación, encontro dos sectores de biomasa, agroalimentario e biotecnolóxico en Ourense

O Parque Tecnolóxico acolle o evento este xoves 26 e venres 27

Publicidade
Data inicio: 26/11/2015
Data fin: 27/11/2015
Lugar: Parque Tecnolóxico de Galicia S.A., San Cibrao das Viñas, España

As empresas que demandan e ofrecen servizos nos ámbitos agroalimentario, da biomasa e biotecnolóxico teñen unha cita este xoves e venres en Ourense, onde se celebra o encontro Agrobiotech Innovación, organizado pola Axencia Galega de Innovación, dependente da Xunta, xunto co Parque Tecnolóxico de Galicia.

O encontro, que ten o obxectivo principal de xerar un contacto inicial entre empresas, complétase cun programa de conferencias sectoriais nos campos da biomasa, da biotecnoloxía e da agroalimentación.

Pódese consultar aquí o programa completo de Agrobiotech Innovacion.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *