Data inicio: 16/04/2016
Data fin: 17/04/2016
Lugar: Covelo, Paraños, España
Baixo o título de “Abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural” a SAT Abella Lupa organiza para este mes de abril un curso de apicultura ecolóxica.
As datas para o curso son:
Sábado e domingo, 16 e 17 de abril
Sábado e domingo, 23 e 24 de abril
Horarios: dende as 10:00 até as 14:00 horas
Lugar: Centro Cultural de Paraños (Covelo)
Inclúen visita ao Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum.
Xa está aberto o prazo de matriculación para este curso que ten un custo de 70 euros, IVE incluído.