Abella Lupa organiza un curso de apicultura ecolóxica

Publicidade
Abella Lupa organiza un curso de apicultura ecolóxica
Data inicio: 16/04/2016
Data fin: 17/04/2016
Lugar: Covelo, Paraños, España

Baixo o título de “Abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural” a SAT Abella Lupa organiza para este mes de abril un curso de apicultura ecolóxica.

As datas para o curso son:
Sábado e domingo, 16 e 17 de abril
Sábado e domingo, 23 e 24 de abril

Horarios: dende as 10:00 até as 14:00 horas
Lugar: Centro Cultural de Paraños (Covelo)
Inclúen visita ao Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum.
Xa está aberto o prazo de matriculación para este curso que ten un custo de 70 euros, IVE incluído.

Descarga aquí o programa do curso.

Formulario para a matriculación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *