Campo Galego é un xornal dixital de información agraria editado por Campo Galego SC, responsable do sitio web. Campo Galego SC pon a disposición dos usuarios o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas derivadas da ‘Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información y del Comercio Electrónico (LSSI-CE)’, así como informar a todos os usuarios respecto de cales son as condicións de uso do sitio web.

Información sobre o titular legal da web

Denominación Social: Campo Galego SC

Domicilio Social: Polígono de Costa Vella. C/ República Checa nº 40. Santiago de Compostela (Coruña).

Teléfono: 981-55.17.29

Correo electrónico: redaccion (arroba) campogalego.com

Condicións de uso. Licenzas

Salvo indicación contraria, os contidos informativos de Campo Galego –imaxes, textos e gráficos- publícanse baixo unha licenza Creative Commons – Recoñecemento – Non Comercial – Compartir igual (CC-BY-NC-SA) 4.0 International. Xa que logo, calquera usuario poderá copiar e reproducir textos ou imaxes publicados en Campo Galego a condición de que indique a súa orixe, preferentemente a través dun link á web de Campo Galego, e de que non obteña rendemento comercial do seu uso. Isto último tradúcese en que ningún medio de comunicación ou web con fins pecuniarios poderá facer uso deses contidos, salvo autorización expresa por escrito de Campo Galego. O usuario debe manter tamén o produto final baixo esta mesma licenza. De forma expresa, permítese o uso dos contidos de Campo Galego en agregadores de noticias.

Pode consultar neste enlace as condicións e limitacións da licenza CC-BY-NC-SA 4.0 International que utiliza Campo Galego.

No caso de colaboracións externas a Campo Galego, tanto en textos como imaxes, poderá indicarse unha licenza máis restrictiva de forma explícita se así o prefire o/a autor/a.

Calquera uso non autorizado dos contidos publicados en Campo Galego será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

Condicións de uso. Responsabilidades.

Campo Galego, responsable do sitio web, non se fai responsable da información e contidos almacenados en comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web. Sen prexuízo do anterior, Campo Galego, responsable do sitio web, resérvase o dereito e comprométese á revisión periódica de comentarios na súa web e redes sociais, a fin de retirar calquera contido que considere inapropiado.

En cumprimento do disposto no art. 11 e 16 da LSSI-CE, o prestador tamén se pon a disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade para colaborar de forma activa na retirada de todos aqueles contidos que puidesen afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, así como dereitos de terceiros.

O sitio web do prestador pode utilizar cookies (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies utilizadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal coa única finalidade de facer máis eficaz a súa transmisión ulterior e deixan de operar ó terminar a sesión do usuario. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.

Lei aplicable e xurisdicción

Para a resolución de todas as cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela (Coruña).

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información