A Xunta retirou en 2014 un total de 572 niños de Vespa Velutina

A Xunta retirou en 2014 un total de 572 niños de Vespa Velutina

Imaxe de Vespa Vellutina. O abdome negro co cuarto anel marelo é o que máis a define.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, en coordinación cos servizos de emerxencia, retirou no 2014 un total de 572 niños de Vespa Velutina, especie invasora que afecta á produción apícola ao atacar ás abellas. En total, foron 946 niños confirmados en diversos municipios, pero 374 dos casos non puideron ser retirados por resultaren inaccesibles.

O procedemento establecido por Medio Rural no pasado ano desenvolveuse en dúas vertentes. Por un lado, a detección precoz da existencia da Vespa velutina nun determinado territorio e, por outro, a eliminación da mesma no menor tempo posible alí onde de detectou.

O norte da provincia de Lugo, a zona máis afectada

Así, estableceuse unha rede de vixilancia entomolóxica estendida por todo o territorio, mediante o trampeo selectivo e regulado destes insectos, facendo maior fincapé en zonas onde xa existían evidencias de presenza en anos anteriores. Dos 946 niños confirmados, 129 correspondían á provincia de A Coruña, 623 á provincia de Lugo, 1 á provincia de Ourense e 193 á provincia de Pontevedra. As zonas máis afectadas corresponden ao norte das provincias da Coruña e Lugo e ao sur de Pontevedra.

Con respecto ás tarefas de control e eliminación de vespas e niños, procedeuse á supresión física de niños, o trampeo de vespas obreiras ao longo do todo o ciclo biolóxico anual deste insecto e o trampeo selectivo de raíñas. Así, cómpre destacar o elevado número de exemplares capturados -na súa meirande parte na Mariña lucense-, entre os cales destacan as futuras raíñas, potenciais que darían lugar a unha nova colonia na tempada 2015.

Paralelamente aos traballos en campo, realizáronse actividades de formación e divulgación dirixidas ás unidades da Xunta, apicultores, concellos e público en xeral. Así mesmo, incorporouse información sobre o programa de vixilancia e control deste insecto na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar e realizáronse programas divulgativos na Televisión de Galicia.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información