Xornadas técnicas sobre apicultura na Casa do Mel de Goente

Publicidade

A Casa do Mel de Goente, no concello coruñés das Pontes, organiza para este venres e sábado, 11 e 12 de outubro, unhas xornadas técnicas sobre apicultura dentro das XX Xornadas Apícolas do Eume. A asistencia é libre e gratuíta.

O programa é o seguinte:

Venres, 11:

-16,30 h: Multiplicación de colmeas. D. Manuel Barquín, apicultor profesional, experto neste tema.

Tamén pola tarde, a partir das 16.00 horas, celebrarase a XII Cata de meles, con diploma de recoñecemento ao mellor mel claro e para o mellor mel escuro.

Sábado, 12:

-11 h. Xornada adicada á apicultura ecolóxica. Manuel Cancio, director técnico do CRAEGA.

-17 h: Visita aos apiarios da asociación na zona de restauración de Endesa. (Con inscripción previa)

Para máis información chamar ao teléfono 661003616

Programa da Feira do Queixo e do Mel de Goente

Ademais, o domingo día 13 celébrase a Feira do Queixo e do Mel de Goente (As Pontes). Velaquí o programa:

programa queixo e mel goente

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información