Xornada sobre as vantaxes de combinar apicultura e fruticultura

Publicidade
Xornada sobre as vantaxes de combinar apicultura e fruticultura
Data inicio: 11/05/2019
Data fin: 11/05/2019
Lugar: Fundación Ramón González Ferreiro, Paciños

A Escola Galega de Apicultura, integrada pola Asociación Galega de Apicultura, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, organiza para o día 11 de maio unha xornada sobre apicultura e fruticultura, que vai dirixida principalmente a promover as explotacións mixtas entre estas dúas actividades moi ligadas entre si.

E é que por un lado hai froitas que dependen directamente da polinización das abellas, mesmo mellorando a calidade e cantidade da froita producida. Por outro, a apicultura tamén se beneficia especialmente de determinadas flores que aportan alimento para as abellas e ofrecen a posibilidade de mellorar a colleita do mel ou diversificar a produción da colmea, como por exemplo co pole.

Na xornada participarán expertos técnicos na produción de castañas e mazás, froitas con moi boa demanda no mercado e cunha floración moi interesante para a actividade apícola. Ademais, explicarase cales son as características destas producións e as posibilidades na súa comercialización. Tamén intervirán apicultores  que contarán a súa experiencia na produción de froita e como afecta esta no rendemento das súas explotacións.

Unha das principais ideas será transmitir ós participantes a importancia da diversificación na apicultura e o potencial apícola e frutícola que existe nos montes, en gran parte sen aproveitar. Tamén se fará referencia á variedade e riqueza das especies froiteiras autóctonas de Galicia, que interesa revalorizar e recuperar. A formación completarase cun día de campo que se fará no verán con visitas a explotacións frutícolas e apícolas.

Programa da xornada:

Ás 10.30 h. “Diversificación en apicultura e as explotacións mixtas”. Por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA

Ás 11 h. “A mazá”. Por Francisco Otero, técnico Xunta de Galicia, e David Asper, apicultor e produtor mazá.

Ás 12 h. Descanso

Ás 12.30 h. “A castaña”. Por Manuel Vilariño, Consello Regulador Castaña de Galicia e José Manuel Guerra, apicultor, produtor de castaña e técnico do Centro Agroforestal Riós.

Ás 13.30 Preguntas e posta en común

Ás 14 h. Xantar

Ás 16 h. “Usos do monte e a apicultura”. Por Diego Sánchez, enxeñeiro forestal do Sindicato Labrego Galego

Ás 16.30 Recuperación variedades autóctonas froiteiras. Por técnico do Sindicato Labrego Galego

Ás 17 h. Preguntas e posta en común

Lugar: Fundación Ramón González Ferreiro, Paciños (Allariz)
Participación: Ata cubrir aforo (máximo 50)
Visita de campo: No mes de xullo organizarase unha xornada de campo
Prezo: 20 € para socios/as de AGA / 40 € para o resto

Máis información e  inscricións na web www.apiculturagalega.es, por email info@apiculturagalega.es ou teléfono 981 508 142.

cartaz_XORNADAS FRUT_2019_web

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *