Velutina atacando unha colema

Xornada este mércores en Santiago sobre os últimos avances na loita contra a Vespa Velutina

Este mércores, 3 de abril, celébrase en Santiago de Compostela unha xornada sobre “A Vespa velutina en Galicia: estado da cuestión e avances científicos”, organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.

Esta xornada pretende ser un espazo de encontro entre o ámbito da investigación científica, os apicultores e os axentes involucrados na loita contra a especie invasora, para intercambiar información e para tentar responder de forma autorizada e matizada as preguntas do mundo real en relación coa ameaza da Vespa velutina.

Velaquí o programa:

PROGRAMAVELUTINACONSELLOCULTURA

Aquí pode consultar o programa completo.

Neste enlace pode facer a súa INSCRICIÓN.