Programa do Día do Apicultor: “Salvar as abellas, salvar a apicultura”

Programa do Día do Apicultor: “Salvar as abellas, salvar a apicultura”

Xesús Asorey, secretario da Asociación Galega de Apicultura

Data inicio: 09/02/2019
Data fin: 09/02/2019
Lugar: Arzúa, España

O vindeiro 9 de febreiro, sábado, celébrase en Arzúa o Día do Apicultor 2019, organizado pola Asociación Galega de Apicultura baixo o lema “Salvar as abellas, salvar a apicultura”.

Palestras  De 10 a 14 h e de 16 a 18 h na Polbeira de Santa María

Alimentación das colmeas, ás 10 h
Alimentar as abellas… Depende, por Antonio Gómez Pajuelo, consultor apícola.
Só en caso de fame, por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA.

Investigación e loita contra a Vespa velutina, ás 11.15 h
Falcón abelleiro europeo, primeira defensa natural contra a invasión da Vespa velutina, por Manuel Fernández, Universidade de Alcalá de Henares.
Sistema de localización de tartagueiros de Vespa velutina, por Sandra Rojas, Universidade de Vigo.
-Plataformas Stop Velutina e experiencias en Galicia e Asturias, por Diego Sánchez Agra (SLG), Felix Méjica (ADAPAS), Casimiro Sixto (ADAPAS) e José Mª Bello (DAGA do Morrazo).

Asemblea Xeral de AGA, ás 13 h

Plan Apícola e formación 2019, ás 16 h. Por Gonzalo Calvo —veterinario— e Paula Souto —técnica de AGA—

Análises e características dos meles de Galicia, ás 16.30 h. Por Antonio Gómez Pajuelo.

Novidades nos tratamentos contra a varroa, ás 17.15 h.
-Rotación de tratamentos contra a varroa, por Francisco Alonso, Ecuphar.
-Oxybee, nova alternativa no tratamento contra a varroa, por Miguel Ángel Rodríguez, Santamix Ibérica.

 

Feira de material apícola  De 10 a 14 e de 16 a 18 h na nave de Erica Mel
Material apícola e cambio cera, coa participación de Erica Mel, Macmel (Portugal), Apitienda Lyson (Guadalajara), Anel (Grecia), Apícola Carballal, Ángel Romero e Celso Cadahía.

 

Exposición «Sanidade apícola: Vespa velutina, varroa e outras novidades»  De 10 a 14 e de 16 a 18 h no local da Asociación Veciños de Santa María

  • Exposición: Sanve (Eugenio Pichel), Vel-Zapper (Dieter Boisits), Benigno Fernández,  Fernando Cores, Apiyago, Pastores Zagal, Rucamanqui-Santamix Ibérica, Hayedo-Laboratorios Calier, Ecuphar e Antonio López (Asturias).
  • Consultorios: Sanidade apícola por veterinarios de AGA e Vespa velutina por DAGA Ferrol.
  • Obradoiro: Alimentación das colmeas, por Antonio Gómez Pajuelo, ás 12.30 h.

 

Exposición «O mundo do queixo e do mel»  De 10 a 14 h e de 16 a 18 h no Centro do Queixo e do Mel

  • Exposición: Erica Mel, Produtos apícolas Apiagro (Portugal), Queixos Arzúa-Ulloa, Queixos San Simón e outros
  • Degustacións de produtos apícolas, meles e queixos
  • Actividades para crianzas

 

Xantar abelleiro  Na Polbeira de Santa María. Non é necesaria reserva previa. Para máis información: tel. 986 58 77 21

COMPRA CERA E ALIMENTO PLAN APICOLA 2019

O Día do Apicultor poderase mercar cera e alimento do Plan Apícola 2019. Para que poida entrar na subvención será obrigatorio mercalo en Erica Mel, tanto a cera coma o alimento, e indicar no momento da compra que é para incluír no Plan Apícola. No caso do cambio de cera, a cera vella poderase entregar a Apícola Carballal ou Ángel Romero, pero a cera laminada terá que mercarse igualmente en Erica Mel.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL AGA 

O 9 de febreiro de 2019, na Polbeira de Santa María (Arzúa), ás 13 horas en primeira convocatoria e ás 13.30 h en segunda convocatoria.

Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior, de proceder
2. Relatorio de actividades realizadas e economía de AGA do ano 2018
3. Presentación do programa de actividades e orzamento de AGA para o ano 2019
4. Rogos e preguntas

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información