Programa de formación en apicultura de AGA para 2019

Programa de formación en apicultura de AGA para 2019

Xornada formativa de AGA

O programa de formación da Asociación Galega de Apicultura (AGA) para esta primavera inclúe: cursos básicos de fin de semana, con teoría e práctica; cursos de especialización, sobre reprodución e cría de raíñas; xornadas técnicas sobre sanidade apícola, a cera e prevención de riscos (programa formación AGA).

Ademais, cada DAGA organiza outros cursos e xornadas sobre diferentes temáticas (programa actividades DAGAs) e tamén a Escola Galega de Apicultura en Allariz ofrecerá un curso básico, unha xornada sobre a Vespa velutina e outra sobre explotacións mixtas de apicultura e fruticultura (programa Escola Galega de Apicultura).

Para inscribirse: enviar a AGA a ficha de inscrición, xunto co xustificante do pagamento. No caso dos cursos de especialización e DAGAs consultar  no programa como realizar a inscrición.

1) Cursos básicos:

-Horario: sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h (teoría) e domingo de 10 a 14 h (prácticas).

-Inclúe: publicación “Curso de Apicultura” de AGA

-Prezo: 50 € / de balde para socios e socias

-Participantes:  mínimo 15 persoas, máximo en función do aforo do local

Prácticas: é preciso traer traxe apícola. O horario e o día das prácticas poderán modificarse en función da climatoloxía.

Calendario de datas e lugares:

-Lugo. Centro de Convivencia de Fingoi, 6 e 7 de abril.

-Vilagarcía de Arousa, DAGA Salnés. Casa da Cultura de Galáns, 13 e 14 de abril

-Narón, DAGA Ferrol. AAVV Rosa dos Ventos, Sedes, 13 e 14 de abril.

-Lourenzá. Local do SLG, 13 e 14 de abril.

-Allariz. EGA, Paciños, 4 e 5 de maio.

-Folgoso do Courel. Casa do Concello, 4 e 5 de maio.

-Abegondo. Casa das Abellas, 4 de maio e 2º día pendente confirmar (os dous días en horario de mañá).

-Ponteareas. 11 e 12 de maio. Pendente confirmar local.

-Ribadavia. Local do SLG, 18 e 19 de maio.

-Ortigueira. Centro Social San Adrián, 18 e 19 de maio.

-Ordes. Local do SLG, 8 e 9 de xuño.

-Moaña, DAGA Morrazo. Casa da Mocidade O Rosal, 22 e 23 de xuño.

Inscricións

Data límite unha semana antes do curso. Enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pagamento a [email protected]

2) Cursos especializados:

A) Abella Meiga (Marcos e Jara Varela)

Lugar: Instalacións de Abella Meiga en Outeiro de Rei (Lugo)

-Xornada reprodución básica

Data: 18 de maio de 2019
Horario: 10.30 a 14.00 e 16.00 a 19.00
Participantes: só para socios/as de AGA. Mínimo 10, máximo 20.
Prezo: 30 €

-Curso Reprodución Nivel 1: Formación de núcleos e obtención de mestras

Data: 15 e 16 de xuño de 2019
Horario: 10.30 a 14.00 e 16.00 a 19.00
Entrega de material: unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital
Participantes: só para socios/as de AGA. Mínimo 10, máximo 20.
Prezo: 65 €

-Curso Reprodución Nivel 2: Métodos de selección e cría de mestras. Transvase

Data: 29 e 30 de xuño de 2019
Horario: 10.30 a 14.00 e 16.00 a 19.00
Entrega de material: unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital
Participantes: só para socios/as de AGA que teñan feito o curso de nivel 1. Mínimo 10, máximo 20.
Prezo: 65 €
Sorteo: entre os asistentes interesados sortearase unha incubadora de raíñas artesanal (usada pero perfectamente operativa).

Inscricións: Ata sete días antes do inicio ou ata cubrir prazas. Para confirmar a inscrición hai que facer unha transferencia de 15 € non devolvibles no caso de cancelación. O resto pagarase en metálico ó inicio do curso. Contactar por correo-e ([email protected]) ou por teléfono (619744685) para cubrir solicitude.

B) Apilarouco

Lugar: Centro de Interpretación dos Castros (ó lado do cuartel da Garda Civil) en Cualedro e instalacións de Montalegre Mel en Portugal.

-Crecemento do apiario e cría de raíñas  

Datas: 8 e 9 de xuño
Horario: De 10 a 13 h e de 15 a 18.30 h
Modalidade: practico-teórica (aula e apiario)
Entrega de material: documentación variada sobre temas tratados (formato dixital) e raíña virxe engaiolada.
Dereito de admisión á comunidade Apilarouco (integrada por más de 100 apicultores de toda Galicia)
Participantes: só para socios/as de AGA. Mínimo 15 – Máximo 30
Prezo: 50 €
Inscricións
Ata sete días antes do inicio ou ata cubrir prazas. Contactar por correo-e a [email protected] ou por tel. 665820171 para cubrir solicitude. Reserva de praza logo pago por anticipado.

3) Xornadas técnicas:

1. Sesións prácticas sobre sanidade apícola

Serán impartidas polos veterinarios de AGA. En función da climatoloxía esta actividade poderá ser adiada ou suspendida, se non fose posible atopar unha data alternativa. As persoas inscritas recibirán información por email cuns días antelación.
Horario: De 11 a 14 h
Participantes: Só para socios/as de AGA. Mínimo 10 e máximo 20
Prezo: De balde, logo de inscrición
Prácticas: a localización do apiario será comunicada ós inscritos cuns días de antelación. É preciso traer traxe apícola.

Calendario e lugares:

Carballo, 6 de abril – DAGA Bergantiños
Boiro, 6 de abril – DAGA Barbanza
Moaña, 4 de maio (horario de 16 a 19 h) – DAGA Morrazo
A Gudiña – 11 de maio
O Corgo – 18 de maio
Abegondo (Casa das Abellas) – Data pendente confirmar (xuño-xullo) – DAGA A Coruña
Ortigueira, 23 de xuño (horario de 17 a 19 h) – DAGA Ortegal

2. Xornada práctica sobre a cera:

Data e horario: 15 de xuño, de 10 a 14 h e de 16 a 17 h
Lugar: Apícola Carballal – Untes, Ourense
Participación: Só para socios/as de AGA, ata cubrir aforo
Prezo: De balde, logo de inscrición

Programa:
A importancia da cera na saúde da colmea
Diferentes alternativas para a súa renovación
O procesado e laminado da cera
Visita instalacións Apícola Carballal: a cera, o mel, material apícola e elaboración de cervexa.

3. Formación sobre prevención de riscos en apicultura

Charla organizada en colaboración co Sindicato Labrego Galego, que impartirá un técnico especializado desta entidade.
Data e hora: 15 de xuño, ás 17 h.
Lugar: Apícola Carballal – Untes, Ourense
Participación: Ata cubrir aforo
Prezo: De balde, logo de inscrición

Inscricións xornadas técnicas:

Data límite unha semana antes de cada xornada. Enviar a ficha de inscrición a [email protected]

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información