Programa das Xornadas Apícolas do Eume, centradas na mellora xenética das abellas

Publicidade
Programa das Xornadas Apícolas do Eume, centradas na mellora xenética das abellas
Data inicio: 09/10/2018
Data fin: 14/10/2018
Lugar: Cada do Mel Goente

A Casa do Mel de Goente, coa colaboración do Concello das Pontes, organiza as XIX Xornadas Apícolas do Eume, que se celebrará do 9 ao 13 de outubro na Casa do Mel.

O programa é o seguinte:

Días 9 e 10 de Outubro:

■ 16:00h: XI Cata de meles. Con diploma de recoñecemento para os mellores meles: claro e escuro.

Día 12 de Outubro:

■ 16:00h: Obradoiro de aromaterapia para a saúde. (Asistencia limitada a 20 persoas, previa inscrición). Monitora: Noelia Solar, aromatóloga e terapeuta.

Os contidos que se impartirán son: introducción á aromaterapia e aceites esenciais, obtención de hidrolatos e elaboración de crema balsámica .

Día 13 de Outubro. Xornada adicada á xenética da abella:

A asistencia require previa inscrición.

■ 17:00h: “Selección da abella negra local”. Poñente: Benigno Basteiro, apicultor profesional que desenvolve un programa de mellora xenética de raíñas en Ourense.

■ 18:30h: “ERBEL, un proxecto de selección con abella negra ibérica”
Poñente: Egoitz Galartza Garaialde. Licenciado en Veterinaria. Coordinador dos proxectos apícolas BEEHOPE de conservación da abella local e de selección e mellora xenética da Asociación de Criadores de Abella Negra ERBEL.

Día 14 de Outubro: X Feira do Queixo e do Mel de Goente

14 de Outubro en GOENTE

Máis información :

Na “Casa do Mel” en Goente e no tlf. 661 003 616

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *