Programa da Mostra Galega de Apicultura 2019

Programa da Mostra Galega de Apicultura 2019

Este sábado, 1 de xuño, celebrarase en Arzúa a 34ª edición da Mostra Galega de Apicultura que organiza AGA Asociación Galega de Apicultura e que terá como obxectivos principais a posta en valor dos produtos apícolas, aproveitando a forza do asociacionismo coa que conta o sector apícola galego, e a visibilización das mulleres na apicultura galega, que cada día teñen máis presenza neste sector.

Unha das novidades será a presentación do I Concurso de Meles do País, que se convocará para a colleita de mel do 2019. Tamén se dará información sobre a posta en marcha do laboratorio apícola, que ofrecerá ós socios e socias de AGA o servizo de análises do mel coa intención de mellorar a calidade e a información dos produtos apícolas.

Por outro lado, falarase da importancia das feiras do mel e as experiencias da asociación neste campo, tan importante para a comercialización do mel no mercado local. Sobre o tema da comercialización, dentro da Asemblea de Erica Mel S.C.G. que terá lugar durante a mañá, tamén se abrirá un debate sobre as necesidades dos socios e socias neste sentido, así como propostas de novos servizos que sexan viables dentro da cooperativa.

A muller na apicultura galega

A xornada ademais incluirá un espazo adicado á muller na apicultura galega, para dar visibilidade ás mulleres que sempre estiveron presentes na apicultura e que cada día son máis e están cobrando máis protagonismo. Unha representación de socias de AGA exporá as súas experiencias, dende o aspecto da produción como da comercialización, dende diferentes perspectivas. Á sesión da tarde versará sobre temas máis técnicos, como a prevención de riscos laborais en apicultura e as alternativas para a renovación da cera.

Para o público xeral haberá tamén varias actividades durante todo o día, como a exposición “O mundo do queixo e do mel”, cunha mostra de diferentes tipos de queixos de Galicia, produtos das abellas e degustacións, e un divertido programa de actividades para crianzas. Ademais, como tódolos anos celebrarase a feira de material apícola, exposición de arpas eléctricas contra a Vespa velutina e xantar abelleiro.

Velaquí o programa completo:

programa Mostra AGA 019 programa infantil Mostra AGA 019

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información