Petición unánime do Parlamento Galego dunha etiquetaxe clara do mel

Publicidade
Petición unánime do Parlamento Galego dunha etiquetaxe clara do mel

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou este martes por unanimidade unha proposición non de lei presentada polo grupo do Bloque Nacionalista Galego pola se demanda ao Goberno Central unha nova norma sobre etiquetaxe do mel na que se indique claramente o país ou países de procedencia.

En concreto, o texto aprobado demanda ao Goberno Central, con competencias na materia, que “na etiquetaxe do mel indicaranse de forma obrigatoria o país de orixe do produto e as porcentaxes de mestura, no caso de que proceda de varios países”.

Actualmente a normativa europea establece que debe figurar únicamente se é mel da Unión Europea ou de fóra da UE, aínda que deixa marxe aos estados membros para que esixan que tamén aparezan os países ou país de orixe, algo que xa é obrigatorio en países como Francia ou Italia.

Que indique tamén se foi pasteurizado

Ademais, e a través dunha enmenda do Grupo do Partido Popular, a iniciativa tamén pide que “se indicará tamén se se trata dun mel sometido a un proceso de quecemento por riba dos 45ºC”. É dicir, se o mel foi sometido a pasteurización, un proceso que impide que cristalice, pero que reduce as súas propiedades nutritivas e saudables.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación xa se comprometeu en decembro a introducir todas estas demandas do sector apícola e das organizacións de consumidores no novo Real Decreto que se está elaborando para clarificar a etiquetaxe de mel, e que nestes momentos atópase en fase de consulta pública.

Tanto as organizacións agrarias, como UPA ou a COAG, así como asociacións sectoriais como a Asociación Galega de Apicultura ou a Agrupación Apícola de Galicia leven meses realizando unha campaña informativa para concienciar á opinión pública e presionar ao Ministerio de Agricultura sobre a necesidade dunha etiquetaxe clara e transparente do mel.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información