Os apicultores galegos mobilizaranse para pedir que remate a fraude na etiquetaxe do mel

Os apicultores galegos mobilizaranse para pedir que remate a fraude na etiquetaxe do mel

Os apicultores galegos está a organizar diversas accións para reclamar un cambio lexislativo en España que remate co que cualifican de “fraude” na etiquetaxe do mel, de tal forma que ao non informar claramente do país de orixe benefíciase ao mel importado de China e doutros países así como ás grandes envasadoras, en detrimento do mel español e dos consumidores.

O Ministerio de Agricultura comprometeuse esta semana a modificar a lexislación aínda que sen concretar os cambios e cando entrarán en vigor.

Protesta de AGA e do Sindicato Labrego o día 11 en Santiago

Ante esta situación, a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha serie de mobilizacións para o 11 de decembro en Almería, Córdoba, Guadalaxara, Xaén, As Palmas, Logroño, Málaga, Menorca, Murcia, Oviedo, Pamplona, Salamanca, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Tenerife, Valencia e Zaragoza.

Baixo o lema “En defensa do noso mel, por un sector apícola rendible e sostible”, centos de apicultores e apicultoras de todo o Estado concentraranse fronte a grandes superficies comerciais para reclamar un maior control das importacións de baixa calidade, especialmente as que veñen de China, e unha etiquetaxe máis transparente que obrigue a detallar o país de orixe.

No caso galego, xunto ao Sindicato Labrego Galego participará tamén a Asociación Galega de Apicultura (AGA), nunha concentración fronte ao centro comercial As Cancelas, en Compostela, a partir das 11:00 horas.

Durante este acto, lerase un manifesto reivindicativo e repartiranse folletos divulgativos entre as persoa que accedan ao centro comercial para “informar da confusa etiquetaxe que utilizan as grandes industrias que envasan mel para enmascarar importacións e sucedáneos de mel de baixa calidade”, avanzan dende a organización.

“A situación é perversa e insostible; producimos un dos mellores meles do mundo, pero a industria deixou de mercalo porque prefire abastecerse de importacións de baixa calidade de terceiros países”, lamenta Ángel Díaz, responsábel do sector apícola de COAG.

En 2017 alcanzáronse cifras récord de importación. Nunha década duplicouse a entrada de mel foráneo: a nivel estatal, pasouse de 16.000 toneladas en 2007, a 32.000 na última campaña.

Pola súa banda, a Asociación Galega de Apicultura quixo sumarse tamén a este acto co obxectivo de divulgar a importancia do consumo de mel galego fronte a produtos importados.

“Consumindo mel galego, estamos apoiando a apicultura no noso país, co beneficio que aporta tanto para a economía local como para o medio ambiente, a través da polinización que realizan as abellas, indispensable para o mantemento da biodiversidade e da produción agrícola e froiteira”, sinalan dende AGA.

Cambios que piden os apicultores la lexislación sobre etiquetaxe

Por outra parte, dende a Agrupación Apícola de Galicia e da IXP Mel de Galicia, como integrantes da Plataforma Etiquetado Claro https://etiquetadoclaro.wordpress.com/, están a realizar unha campaña de recollida de sinaturas para que o Goberno central cambie a lexislación sobre etiquetaxe do mel, tal e como fixeron outros países como Italia, Francia ou Portugal.

En resumo, as principais reivindicacións son:

En meles mezclados poñer o país de orixe dos meles mezclados e a porcentaxe dos mesmos. Agora mesmo na lexislación ao ser mesturas de meles non teñen porque poñer países de orixe só se son UE ou non.

Ademais, pídese que se a mestura do mel non supera o 51% de mel de orixe español, a etiqueta deba de poñer obrigatoriamente o terceiro país como orixe do mel

Tamén se reclama que se se mesturan tres ou máis meles se deba de poñer na etiqueta a orixe de todos eses meles.

-Que na etiqueta se recoñeza a obrigatoriedade de poñer o Mel Pasteurizado como tal, se é que se lle fixo ese proceso.

-Diversas medidas para protexer o Mel español. Como o control antidumping.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información