Muras convértese este fin de semana na capital do mel de Galicia

Muras convértese este fin de semana na capital do mel de Galicia

Tras o éxito das pasadas edicións da feira do mel de montaña, o concello de Muras celebra unha nova edición que ven cargada de sorpresas nun programa que se prolongará ao longo desta fin de semana.

O programa dará comenzo este sábado, día 17, ás 16:00h no restaurante Pica Pan Casa Vituco, co segundo concurso de calidade do mel de Muras, no que se elixirá o mellor mel de montaña de Muras, despois de pasar unha análise de laboratorio e unha proba de cata a cargo dun xurado especializado. A asistencia de público como observador da cata é gratuíta ata completar o aforo do local.

A continuación terá lugar un relatorio do técnico apícola Marcos Varela, que levará por título “Mel de produción primaria. Etiquetaxe”. Intervirá a seguir Agustín Arias, coordinador da aula apícola municipal de Azuqueca de Henares (Guadalaxara) que presentará unha exposición e explicará a súa labor como coordinador.

A continuación das charlas, haberá unha degustación gratuíta de lacón e queixos para os asistentes. O peche a esta xornada poráo unha actuación musical.

Programa do domingo

O domingo a xornada comenza ás 11 da mañá coa apertura dos postos da feira do mel e da exposición do ecomuseo apícola de Azuqueca de Henares.

En torno ás 12:00h haberá un obradoiro para nenos que dará paso á mostra de xantares e degustación a cargo do chef Antonio Díaz. Durante o xantar está prevista a actuación do dúo musical “Minguante”.

A tarde continuará cun obradoiro de cociña para nenos e a entrega de premios do concurso do mel porá o broche final a esta feira que conta coa colaboración da Deputación de Lugo e da Casa do Mel de Goente.
A organización chama á asistencia de todo aquel que queira achegarse a esta IV Feira do Mel de Muras, xa que ademáis dun amplo e interesante programa, disporán de oferta gastronómica abondosa variada para pasar o domingo.

IV Feira do Mel

Esta cuarta edición contará cun total de 15 expositores, que ademais de mel, porán á venda produtos autóctonos e de tempada, como queixos, castañas, empanadas ou licores. En Muras existe preto dunha trintena de explotacións apícolas con 1.000 colmeas, constituíndo un importante complemento para a gandería da zona.

Anualmente, prodúcense entre 700 e 2.000 litros de mel, dependendo das condicións climatolóxicas desa tempada, o que supón un importante complemento económico para as familias.

flyer A5 festa do mel de montaña de Muras 181030 0523.indd

Máis información:
Concello de Muras. – Teléfono 982.50.00.01

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información